A Deputación de Pontevedra, en colaboración con SEO/BirdLife, puxo en marcha a acción #AvesDesdeCasa, unha iniciativa de sensibilización medioambiental para facer máis levadíos os días de confinamento pola COVID-19. Esta acción propón crear en familia un “caderno de campo” no que as nenas e os nenos poden debuxar as especies observadas desde as fiestras, así como compartilo a través de redes sociais co hashtag #AvesDesdeCasa.