Fogares verdes é un programa de educación ambiental dirixido a domicilios. A súa finalidade é a promoción do aforro de auga e enerxía na vida cotiá. Formúlase como un proxecto de participación ambiental que pretende incorporar accións sinxelas e mudar hábitos para poder reducir o consumo de recursos no fogar.