Atrévete a facer unha ecoauditoría dos residuos que produces no teu fogar. O reto que che propoñemos é reducir a cantidade de lixo que produces. Se consegues superalo, acadarás un nivel avanzado para o que temos máis propostas. Anímaste a reducir a túa pegada ecolóxica?