Fica na casa con ADEGA Observando Aves

Propoñémosche unha bonita forma de pasar a corentena cos máis cativos da casa… Observando a natureza… A primavera é un bo momento para aprender a identificar aves aínda que sexa desde o balcón ou a fiestra da vosa casa, así que velaquí unha sinxela actividade para achegarse ao fermoso mundo da observación dos paxaros. Podes axudarte duns prismáticos se tes pola casa… A solución ao exercicio achegarémola nun par de días a través desta mesma canle.



Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará