Como sabes, o vindeiro mércores, 22 de abril é o Día da Terra celebrado a nivel mundial. Para celebralo, ADEGA propón facelo con poesía! E para iso necesitamos da túa axuda.
Como podes colaborar? Podes enviar un vídeo cun recitado dalgún eco-poema ou poema de temática ecoloxista ou dedicado á Nai Terra. Non poderá superar 1 minuto de duración. Pode ser da vosa autoría ou doutro/ a autor/a.
O recitado sería en tres fases:
- Primeira: farás o aceno de recoller o papel co poema coa man dereita dalguén que estea fóra de cámara.
- Segunda: lectura do eco-poema (máx. 1 minuto).
- Terceira: tras a lectura, pasar o papel coa túa man esquerda a outra persoa que cho recolla fóra de cámara.
Tamén podes enviarnos o teu poema escrito, nunha lonxitude non superior a unha cara dun folio.
Envía os teus Eco-poemas por:
Whatsapp: 686701344
Telegram : 677800293
E-mail: adega@adega.gal.
A data limite para envios seria o vindeiro luns 20 de abril para termos tempo de facer a montaxe, e o 22 de abril publicaremos todos os poemas nas Redes Sociais de ADEGA. Ánimo cos vosos eco-poemas dedicados a nossa mãe Terra!
És tu mãe quem respira?
Ou são queixas que saem da tua entranha?
É o bafo morno do teu peito
Aquele exalo doente que eu sento?
(Do poema Mae Terra de Adela Figueroa)
Agardamos polas túas verbas de amor á Terra!
Saúde e apertas ecoloxistas!
Bonita iniciativa!
Todos podemos tornar a Terra mais bela, com comportamentos saudáveis e mensagens de amor, por todos os seres que nela vivem. Aplaudida!