RADIO CERNA é a única produción radiofónica de Galiza especializada en medio ambiente e ecoloxismo. Trátase dun proxecto pioneiro no país que, a través do soporte sonoro, aborda a cuestión ambiental e cultural desde unha óptica local.
Nace en 2005 da man de ADEGA cos seguintes propósitos:
- Achegar a realidade ambiental, ecoloxista e cultural do país a un público xeral e de forma directa.
- Contribuír á pluralidade informativa e mediática do país na lingua propia, o galego.
- Ser voceiro das actividades e actos dos distintos movementos ecoloxistas do país e de todo aquel colectivo ou entidade que defenda os nosos valores patrimoniais.
- Dar a coñecer outros modelos sociais e económicos de desenvolvemento máis sostíbeis e respectuosos coa natureza, así como as experiencias relacionadas.
- En definitiva, ser un instrumento de educación e información ambiental que consiga divulgar a importancia dos nosos valores ambientais e culturais para crear conciencias críticas co seu contorno.
Ligazón para escoitar Radio Cerna: https://adega.gal/radiocerna/portada.php?lg=gl