O Grupo Naturalista Hábitat propón un ciclo de charlas en aberto durante a corentena, que titula Falando de natureza.
Trátase de faladoiros telemáticos, en aberto, coa participación de diferentes convidados (intervintes) e a presenza do público interesado (asistentes). En cada xornada trátase unha temática diferente, procurando atender aos diferentes ámbitos do naturalismo nun espazo participativo e de conversa.
https://gnhabitat.org/falando-de-natureza-proximamente-no-g-n-habitat/