Escola no Río é unha iniciativa dun grupo de profesionais da educación relacionados co Centro Integrado de Formación Profesional Portovello (Ourense),inspirada nos ollos abertos e transparentes das augas do Lonia e na tradición mais renovadora e transformadora da pedagoxía socioconstrutivista.
“a escola no río está pensada primeiramente para a formación inicial de profesionais dos servizos á comunidade: técnic@s de Educación infantil, técnic@s de Animación sociocultural e turística, técnic@s de Integración social e técnic@s en Atención a persoas en situación de dependencia; a través da investigación, exploración, experimentación e avaliación, en contacto directo coa natureza”