A CEMMA (Coordinadora de Estudos de Mamíferos Mariños) pon á disposición diversos materiais divulgativos A autoría das ilustracións son de Alfredo López-TOKIO, realizadas no seu labor como becario post-doutoral e Investigador auxiliar da Universidade Aveiro-CESAM.
Os materiais están abertos ao uso público a través da Licenza Creative Commons Recoñecimento-NoComercial-CompartirporIgual (CC BY-NC-SA), que permite o uso, e adaptación para o teu traballo, de xeito non comercial, sempre que acredites e permitas as novas creacións nos mesmos termos.