Limpeza de Praias

O lixo mariño é un dos graves problemas ambientais aos que se enfronta o planeta, as principais causas son: a insostibilidade dos modelos de consumo e produción da nosa sociedade, a mala xestión dos nosos residuos e a falta de sensibilización da poboación.

Todo iso fai que cada ano 10 millóns de toneladas de lixo rematen nos océanos. Moito deste lixo provén da industria do mar (pesca, extraccións…), pero unha grande parte chega a través dos ríos, debido a unha mala xestión en terra.

Se queres apuntarte a facer unha limpeza de Praias aconsellamoste que leas o seguinte folleto para así realizar unhalimpeza de praias ecolóxica sen pertubar a biodiversidade que alí habita.

Cada ano con ADEGA realizase unha Limpeza Simultánea de praias despois da temporada de verán que é cando podemos ver os efectos do noso paso por elas.

#MorteoPlástico.
#LimpezaSimultáneaDePraisConADEGA

Mar de plástico: http://adega.gal/media/documentos/0maresplastico.pdf

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará